Proxección Cineclub: «Había un pai» de Yasujiro Ozu
-
Data
25 abril, 2025
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu organiza este mes de abril dúas proxeccións da Filmoteca de Galicia. Así, o 25 de abril poderase gozar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar de «Había un pai» de Yasujiro Ozu.
A cota de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.
SINOPSE: Nunha cidade de provincias, un profesor viúvo leva unha vida modesta na compañía do seu único fillo. Cando nunha viaxe escolar, un alumno afoga nun lago, el asume a responsabilidade do accidente e dimite. Decide entón abandonar a cidade e trasladarse á súa vila natal. Durante a viaxe, pai e fillo discuten sobre o futuro e entre eles establécese unha relación ao mesmo tempo próxima e distante. Un día o pai anúncialle que ten a intención de mandalo estudar a un internado. Anos máis tarde, o pai traballa en Tokio e o fillo é mestre. Nun encontro o fillo anúncialle ao pai que se vai á guerra.