Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Cenizas del cielo» de José Antonio Quirós

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu proxectará o venres 12 de xuño, ás 21.00 horas no Centro Social do Mar, «Cenizas del cielo» de José Antonio Quirós e protagonizada polo actor galego Celso Bugallo. A entrada terá un custe de 2.00 € para persoas socias, e de 4.00 € para as non socias.

SINOPSE: Ferguson, un escocés aventureiro e escritor de guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa última publicación. A autocaravana que conduce déixao tirado preto dunha central términa. Obrigado a permanecer alí, entabla unha amizade peculiar con Federico, un campesiño que cre que grazas ao compromiso de Kyoto se vai pechar a central que contamina o val. Federico mostraralle a Ferguson a vida singular das personaxes que viven nese microcosmos ameazado: Cristina, unha muller con dous fillo; unha parella que cre non poder ter fillos por culpa da central; un mineiro prexubilado obsesionado co golf, e un pescador que pesca de todo agás peixes. Pouco a pouco, Ferguson implicarase na loita de Federico contra a central térmica.