Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «The quiet girl»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o 25 de outubro a proxección de «The quiet girl» de Colm Bairéad, que se poderá ver ás 21 horas no Centro Social do Mar. A cota de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 @ para non soci@s.

SINOPSE:  A Irlanda rural, 1981. Cáit é unha nena reservada de nove anos que se atopa desatendida por parte da súa pobre, disfuncional e demasiado numerosa familia. Enfróntase en silenzo con dificultades na escola e na casa, e aprendeu a pasar desapercibida. Cando chega o verán e a data do parto da súa nai, Cáit é enviada a vivir cuns parentes afastados. Sen saber cando voltará á casa, queda no fogar duns descoñecidos sen máis pertenzas que a roupa que leva posta. Pouco a pouco, e grazas aos coidados da familias Kinsella, Cáit realiza notables progresos e descobre unha nova forma de vivir. Pero nesta casa onde reina o afecto e non parece haber segredos, ela descobre unha dolorosa verdade.