Proxección Cineclub Bueu: «Sorda»
Evento xa rematado
-
Data
30 enero, 2026
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu proxectará o 30 de xaneiro o filme «Sorda» de Eva Libertad, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A entrada será de balde para persoas socias e de 2.00 € para as non socias.
SINOPSE: Ángela, unha muller sorda, vai ter un bebé con Héctor, a súa parella oínte. O embarazado fai aflorar os seus medos fronte á maternidade e sobre como poderá comunicarse coa súa filla. A chegada da nena xera unha crise na parella e leva a Ángela a afrontar a crianza da súa filla nun mundo que non está feito para ela.