Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Sirât» de Oliver Laxe

O Cineclub Bueu proxectará o 15 de maio o filme de «Sirât» de Oliver Laxe, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar no marco do Ciclo de Cinema Galego. A sesión terá un custe de entrada de 2.00 € para soci@s do Cineclub, e de 4.00 € para as persoas non socias.

SINOPSE: Un home e o seu fillo chegan a unha rave perdida de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida gai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten a súa foto unha e outra vez rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade que descoñecen. Coñecen a un grupo de raveros e deciden seguilos a unha última festa que se celebrará no deserto, onde agardan atopar á moza desaparecida.