Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub Bueu: «Antes de nós» de Ángeles Huerta

O Cineclub Bueu proxectará o 22 de maio o filme de «Antes de nós» de Ángeles Huerta, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar no marco do Ciclo de Cinema Galego. A sesión terá un custe de entrada de 2.00 € para soci@s do Cineclub, e de 4.00 € para as persoas non socias.

SINOPSE: Castelao antes de ser Castelao. Descubre ao gran referente da cultura galega a través da súa historia con Virxinia, a súa gran compañeira de vida. A viaxe de dúas almas rotas ás que a traxedia uniu para sempre.