Proxección Cineclub: «As liñas descontinuas» de Anxos Fazáns
-
Data
29 mayo, 2026
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu proxectará o 29 de maio o filme de «As liñas descontinuas» de Anxos Fazáns, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar no marco do Ciclo de Cinema Galego. A sesión terá un custe de entrada de 2.00 € para soci@s do Cineclub, e de 4.00 € para as persoas non socias.
SINOPSE: Bea é unha muller de 50 anos que se separa do seu marido. O día que ten que deixar a casa na que viviu durante os últimos vinte anos, chega a casa e atopa todo patas arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un rapaz trans de 28 anos que, malia estudar unha carreira, loita contra a precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un debe seguir o seu camiño.