Proxección Cineclub: «As ilusións perdidas»
Evento xa rematado
-
Data
3 octubre, 2025
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu proxectará o 3 de outubro «As ilusións perdidas» de Xavier Giannoli, que se poderá ver ás 21.00 horas no Centro Social do Mar. A entrada será de balde para persoas socias e de 2.00 € para as non socias.
SINOPSE: Lucien é un mozo poeta descoñecido na Francia do século XIX. Con grandes esperanzas e querendo forxar o seu destino, deixa a imprenta familiar da súa provincia natal para probar sorte en París do brazo do seu mecenas. Rapidamente abandonado á súa sorte nesta fabulosa cidade, o mozo descubrirá o que ocorre realmente entre os bastidores neste mundo consagrado á lei do beneficio e o finximento.