Proxección Cineclub: «A luz que imaxinamos» de Payal Kapadia
-
Data
24 abril, 2026
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu proxectará o 24 de abril o filme A luz que imaxinamos, de Payal Kapadia, que se poderá ver a partir das 21.00 horas no Centro Social do Mar. A cota de entrada é de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.+
SINOPSE: En Mumbai, a rutina da enfermeira Pabha vese alterada cando recibe un agasallo do seu marido que traballa en Alemaña. A súa compañeira de piso Anu, máis nova, intenta en van atopar un lugar na cidade para intimar co seu mozo. Unha viaxe a unha cidade costeira permítelles atopar un espazo para que os seus desexos se manifesten.