Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa de Rutas «Coñece Bueu»

O Concello de Bueu continúa en setembro co programa “Coñece Bueu”, no que se programarán unha serie de rutas patrimoniais e de posta en valor da historia mariñeira. Este programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra no marco do proxecto «Ardora» de posta en valor do litoral.

Ao longo do mes iranse alternando diversas rutas temáticas, que se desenvolverán todos sábados 7, 14 e 21 de setembro ata partir das 10 horas. A primeira delas leva por título “Bueu sabor e mar”, e continúa as xa comezadas no verán do 2021 e que contaron nestes anos cunha gran acollida por parte das persoas participantes. Nela faise un percorrido pola contorna urbana e polos espazos que constrúen o pasado e o presente da pesca en Bueu, rematando coa degustación dun petisco na Praza de Abastos elaborado por unha cociñeira local con produtos mariñeiros da mesma praza.Outro dos percorridos é o de “Carpintería de ribeira: o patrimonio cultural”, no cal se buscará contar a historia do Estaleiro de Purro.

Para participar en todas estas rutas precísase inscrición previa na Oficina de Turismo de Bueu, no enderezo electrónico turismo@concellodebueu.gal, ou no teléfono 986390029 (ext.5). As prazas están limitadas a un máximo de 15 persoas por cada día, e serán de balde.