Presentación libro: «Yo nunca», de Eduardo Solo – Trillo
Evento xa rematado
-
Data
17 agosto, 2018
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda de Bueu organiza o vindeiro 17 de agosto a presentación do libro Yo nunca, de Eduardo Solo – Trillo, nun acto que terá lugar no Centro Social do Mar ás 21 horas e no que participará tamén Marta Díaz Marcos.
SINOPSE:
Nun apracible val galego, cheo de silenzos e suspicacias, xorde un triángulo amoroso que irá difuminando os límutes entre a paixón e a loucura, Luis é un eterno opositor a xudicatura que decide illarse nese entorno rural para preparar o exame definitivo. Alí coñecerá a Carmen, unha muller madura que traballa como fisioterapeuta, e a Laura, unha moza dedicada a restaurar as pinturas da ermida.
Pero as cousas non sempre son o que parecen, e o lector verase pronto arrastrado a unha escura espiral na que todos gardan segredos sobre o seu pasado.