Presentación libro: «Xela, aventura na fraga» de Inma Soto
-
Data
29 marzo, 2025
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
A Libraría Abrente organiza o 29 de marzo a presentación do conto Xela, aventura na fraga, de Inma Soto. O acto será no Estaleiro de Purro ás 12.00 horas.
SINOPSE: Xela aventura na fraga, un conto sobre a natureza, que pon en valor o equilibrio e as relación entre todo o que vive ao noso arredor procurando que as persoas miúdas queran descubrir e coidar o territorio. Queres que cho dedique? deixa una nota en comentarios ao finalizar a compra, será un pracer!
A través dos descubrimentos de Xela, unha nena valente e curiosa, os lectores resolverán unha misteriosa desaparición mentres van descubrindo a beleza e a biodiversidade que nos rodea. Plumas, pegadas e cacas axudarán a atopar que que animal se trata. Mergúllate nesta lectura e acompaña a Xela na súa aventura!