Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Trece maneiras de mirar un almanaque» de Xosé Luís Mosquera Camba, XXVII Premio Johan Carballeira de Poesía

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o 20 de febreiro, ás 19.30 horas, a presentación de Trece maneiras de mirar un almanaque, obra coa que Xosé Luís Mosquera Camba gañou o XXVII Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu.  O acto celebrarase na Biblioteca Municipal Torrente Ballester e contará ademais coas intervencións de Carmen García, concelleira de cultura, e Fran Alonso, director da editorial Xerais. Trece maneiras de mirar un almanaque é, segundo a editora, o canto do merlo que lles pon banda sonora aos amenceres da vida do autor dende un loureiro próximo á súa casa. Ese canto e ese merlo son sempre os mesmos e son tamén sempre outros.