Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Todo por hacer» de Julia Varela

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 25 de marzo a presentación do libro Todo por hacer, de Julia Varela. O acto será ás 19 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e contará coa intervención do tamén escritor Manel Loureiro.

SINOPSE: A vida de Blanca detense tras a morte repentina da súa nai.Con corenta e dous anos, debe afrontar un dó que o anega todo. Non é só o baleiro inmenso da ausencia; sente que a perdeu demasiado rápido. Aínda lles quedaba moito por compartir e moito por dicir. De feito, a última chamada – esa maldita última chamada, deixoulle un sabor amargo, pois nunca pensou que se despediría así da súa nai.

Agora, mentres transita polo dó, esta deseñadora de interiores, separada e nai dun adolescente, embárcase nunha viaxe moi persoal cando, a raíz dunhas misteriosas flores e unhas vellas fotografías, descobre uns secretos de familia que a levarán a repensar quen foi a súa nai, pero tamén a debater sobre a súa propia vida.