Presentación libro: «Tiña eu razón» de Victoria Pinal
-
Data
13 mayo, 2026
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 13 de maio a presentación do libro Tiña eu razón, de Victoria Pinal. O acto será ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e a autora estará acompañada por Silvia Villar e Fran Alonso.
SINOPSE: Unha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza… Estas son algunhas das inquietantes historias que conforman este libro. Os relatos de «Tiña eu razón» desvelan o que se agocha baixo a superficie do cotián, amosan como o día a día pode verse alterado por un detalle insignificante, exploran a inquedanza, a ansiedade que se vai instalando pouco a pouco, ou o que non se di pero todo o mundo sabe. Victoria Pinal sitúanos como lectores fronte ao improbable e o inexplicable, que poden aflorar en calquera momento para invadirnos, esvaecendo os límites da realidade e abrindo unha porta aos medos que nos espreitan cando quedamos a soas.