Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Soño de liberdade» de Marisa Castro

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 1 de decembro a presentación do libro Soño de liberdade, de Marisa Castro. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e a autora estará acompañada por Helena Rodríguez, bióloga e investigadora do CSIC, e por Laura Rodríguez, editora.

SINOPSE: Soño de liberdade é a historia dunha muller libre e adiantada ao seu tempo, dunha muller que traballou para deixar atrás as limitacións e as dificultades da súa educación, e que soñou cunha vida mellor.