Presentación libro: «Son coma glaciares os barcos de aceiro» de Cynthia Menéndez
Evento xa rematado
-
Data
3 mayo, 2025
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 3 de maio a presentación do libro Son coma glaciares os barcos de aceiro, de Cynthia Menéndez, que terá lugar ás 12.00 horas no Estaleiro de Purro. A autora estará acompañada do profesor Anxo González Guerra.
SINOPSE: Son coma glaciares os barcos de aceiro é unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros.
Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical a finais dos anos noventa.
Unha ofrenda ao Vigo todo azul, coma os uniformes dos traballadores, coma o ceo de día sobre a ría, coma o ceo de noite por riba dos guindastres, azul coma a lealdade, o compromiso, a nostalxia, a morriña; coma a saudade; azul coma o frío, as baleas baixo a auga azul, coma a tinta, coma o Celta, coma as revoltas obreiras. Coma os glaciares.