Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Runrún» de Ana Varela

A Libraría Miranda organiza o 24 de maio a presentación do libro Runrún, de Ana Varela, que terá lugar ás 12.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar. A autora estará acompañada da poeta local Míriam Ferradáns.

SINOPSE: Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación.
Esta é a historia de Uxía, unha xanela para asomarnos á súa vida. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se volven caníbales, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan, e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello, iso que tanto tememos.