Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Outono, a muller sen nome» de Paula Castro

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 26 de novembro a presentación de Outono, a muller sen nome, de Paula Castro, que terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e que inclúe performance teatral.

SINOPSE: A muller sen nome representa a moitas persoas. Probablemente, en gran parte do discurso sintas que podes identificar a alguén, sexas ti mesma a identificada ou simplemente empatices coas verbas que aquí se narran.

Esta historia transmite a ambivalencia que existe entre o amor e a dor que unha persoa pode experimentar no camiño da vida. O esforzo, o valor e a coraxe dunha nai que loita contra xigantes con brazos moi longos. Unha forza que xorde grazas ao amor do seu fillo.

Unha muller, que se enfronta á violencia de xénero pero tamén á violencia vicaria, xudicial e social, múltiples formas de opresión que intentan quebrar o seu espírito. Buscando desgastar a súa fortaleza, esta nai consegue mantense firme coma un carballo no medio da tempestade, transformando a dor nunha fonte de crecemento e renacemento da cal emerxe renovada. É un testemuño de resiliencia e esperanza, un canto á capacidade humana de encontrar a luz nos momentos máis escuros.