Presentación libro: «Otra historia de la música»
-
Data
15 diciembre, 2025
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 15 de decembro a presentación do libro Otra historia de la música, de El Barroquista. O acto terá lugar ás 19 horas no Centro Social do Mar e nel intervirá tamén Xoan Escudero.
SINOPSE: A música está en todos os recunchos: nas conversas cotiás, no ruído da cidade, no balbordo das rúas e nos momentos de descanso. É a linguaxe que nos conecta sen necesidade de palabras, que nos emociona, nos mobiliza e nos transforma. Dende os cantos dos escravos africanos ata a revolución do K-pop, pasando pola transgresión de Rosalía e a pureza matemática de Bach, a música foi o motor de historias, celebracións e traxedias.
Como nas súas anteriores obras, El Barroquista desmonta neste libro os prexuízos establecidos para desvelar os importantes roles sociais e culturais que a música xogou ao longo dos séculos, mostrando a súa capacidade para transcender fronteiras e cambiar a maneiras na que experimentamos o mundo.