Presentación libro: «Os pozos elegantes das clavículas» de María Landesa
-
Data
12 abril, 2025
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 12 de abril a presentación do poemario Os pozos elegantes das clavículas, de María Landesa, que terá lugar ás 12 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: «A voz inmaculada dunha muller orfa que sabe que perdeu a súa condición de filla». Así define os novos versos de María Álvarez Landesa a tamén poeta Míriam Ferradáns, no limiar a esta obra, Os pozos elegantes das clavículas, na que a autora rende homenaxe á súa nai. O libro inclúe un código QR onde escoitar á autora recitando algúns dos seus poemas.