Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Os mil e un días» de Carmen Villar Alonso

Evento xa rematado

A Sala Amalia Domínguez Búa acolle o sábado 9 de novembro a presentación do libro Os mil e un días, de Carmen Villar Alonso. O acto, que está organizado pola Libraría Miranda, será ás 12 horas e nel intervirán os xornalistas Salvador Rodríguez e Carolina Sertal e o cantautor Álex Monteagudo.

SINOPSE: Os mil e un días é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible viaxe cara ao centro da poeta e da súa memoria. Nese percorrido, desexos de ser illa malia nacer península e chaves que xa non abren conviven con lembranzas de lobos a distancia discreta das verbenas. Os pasos converxen nunha teima última: ser quen de devolver á árbore a mazá e derrotar a entropía.