Presentación libro: «Os anos tranquilos» de Llerena Perozo Porteiro
Evento xa rematado
-
Data
23 octubre, 2024
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 23 de outubro a presentación do libro Os anos tranquilos, de Llerena Perozo Porteiro. O acto terá lugar ás 19.30 horas no Centro Social do Mar e a autora estará acompañada polo profesor Anxo González Guerra.
SINOPSE: Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza, que cría contar coas súas mans como único patrimonio, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa mente prodixiosa. Coa imaxinación, co instinto e coa intelixencia, María sorteará os mares bravíos das normas, vencerá atrancos e prexuízos e superará fronteiras físicas, mentais e sociais. «Os anos tranquilos» é a historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.