Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «O país invisible» de Arturo Lezcano

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 22 de abril a presentación do libro O país invisible, de Arturo Lezcano. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e o autor estará acompañado de Pancho Tristán.

SINOPSE: Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistas e lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso e adobiado polo talento literario, Arturo Lezcano asina unha obra monumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elexía e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un Mil e unha noites das Américas contada a través dunha galería de personaxes galegos engaiolantes: Alfonso Graña, o rei dos xíbaros; Pepe la Muerte, lugartenente de Lucky Luciano; o Manolito de carne e óso de Mafalda; Antonio Soto, o heroe anarquista da Patagonia, e outras duascentas historias de mulleres e homes anónimos —os obreiros que construíron a Canle de Panamá, os inventores da noite de Copacabana e tantos máis— que crearon unha nova vida (e un país invisible) da outra beira do océano.