Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «O lanzador de coitelos» de Fernando Castro Paredes

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 15 de outubro a presentación do libro O lanzador de coitelos, de Fernando Castro Paredes. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e o autor estará acompañado de Tensi Gesteira, crítica literaria e fundadora de Lecturafilia.

SINOPSE: Un sicario é contratado para raptar unha figura prominente das letras, un poeta húngaro emigrado a París. A operación terá un xiro inesperado e ambos os dous protagonistas acabarán confrontados co seu pasado.

Con esta premisa arrinca O lanzador de coitelos, unha novela que parte dos códigos do thriller máis clásico para transcender o xénero cunha estrutura sofisticada e sedutora. A trama permitirá expoñer con eficacia un mundo de personaxes de identidades duplicadas e antagónicas.

Unha obra que nos fala sobre a liberdade e a memoria, sobre o fracaso e a corrupción humanas e, tamén, sobre esa busca que emprendemos para descubrir quen verdadeiramente somos: vítimas ou verdugos.