Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Nadie puede cambiar el pasado» de Luis Expósito

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 6 de agosto a presentación do libro Nadie puede cambiar el pasado, de Luis Expósito. O acto celebrarase ás 21 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE: Pode un home decidir o seu destino? A historia de Agustín Lobo, xornaleiro nos campos de Estremadura en 1936, nos tempos convulsos da guerra e da loita de clases, seguramente nos fará comprender que somos marionetas zarandeadas unha e outra vez polo azar.

Expósito expón con mestría os pormenores dunha existencia, inspirada en feitos reais, azoutada por múltiples visicisitudes e marcada por sentimentos maltratados e amores destruídos que levarán ao protagonista a viaxar por toda España e América, a pasar de ser un xornaleiro a sindicalista e espía, nunha feroz fuxida cara adiante para lograr sobrevivir, manter os seus principios e preservar a súa alma.