Presentación libro: «Monte aberto» de Carlos Amado
-
Data
10 junio, 2026
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 10 de xuño a presentación do poemario Monte aberto, de Carlos Amado. O acto terá lugar ás 19.30 horas no Bar Aturuxo. O autor estará acompañado da poeta Míriam Ferradáns e do editor Antón Lopo.
SINOPSE: “O amor debe entrar no monte / ata o lugar máis remoto da palabra”, escribe Carlos Amado nun dos poemas de Monte aberto, o novo título co que Chan da Pólvora redimensiona a colección Rabo de Egua. Os seus poemas teñen unha epiderme delicada e un corazón que latexa impetuoso como unha manda de animais salvaxes.
O título fai referencia a un espazo comunal, un lugar sen propiedade onde os corpos se entregan libremente ao coñecemento. A natureza abrolla en cada verso e o poema respira como un bosque silencioso, pleno, lúdico e feliz. Carlos Amado volve entregarnos a súa intensidade e faino cunha evocación inesquecible sobre o amor, o desexo e a poesía.