Presentación libro: «Mauro» de Mikel Guerendiain
Evento xa rematado
-
Data
8 octubre, 2025
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 8 de outubro a presentación do libro Mauro, de Mikel Guerendiain, que terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: A obra nace da que está considerada coma unha das maiores evasións carcerarias de Europa. O 22 de maio de 1938, arredor de oitocentos presos fugáronse do penal de San Cristóbal, ás aforas de Pamplona, convertido durante eses anos na cárcere franquista. Ningún tiña delitos de sangue. Moitos deles foron abatidos ou detidos nas horas seguintes á fuga, pero outros lograron botarse ao monte en desbandada coa intención de acadar a pé a fronteira francesa. Durante días, os montes do norte de Navarra foron o escenario dunha cacería na que se viron envoltos non só os fuxitivos e os seus perseguidores, senón tamén os habitantes desas vilas fronteirizas cuxas vidas se viron alteradas pola presenza duns e outros. E son esas vidas, precisamente, as que dan forma a esta novela.