Presentación libro: «Mala gente» de Alberto Caliani
-
Data
20 julio, 2026
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 20 de xullo a presentación do libro Mala gente de Alberto Caliani. O acto será ás 21.00 horas no Centro Social do Mar.
SINOPSE: hai catro décadas que en España reina a paz entre as familias do crime organizado. Despois dunha etapa de mortes sen sentido, a mediados dos oitenta creouse o Consorcio, unha alianza de bandas. Andrés Santos, o Cónsul, un líder querido e respectado, foi o encargado de manter o equilibrio dende entón. Pero o cónsul debe morrer. Con todo, últimamente non é o mesmo. As súas decisións son cada vez máis arriscadas, froito dun alzheimer que avanza sen piedade. Cando unha traxedia brutal desvela o seu deteriorado estado de saúde, o resto das familias acordan eliminalo. O Cónsul coñece moitos segredos, e é demasiado perigoso para seguir vivo.