Presentación libro: «Los ilusionistas» de Marcos Giralt Torrente
Evento xa rematado
-
Data
4 agosto, 2025
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o luns 4 de agosto a presentación do libro Los ilusionistas, de Marcos Giralt Torrente. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e nel participará o xornalista bueués Francisco Rodríguez Pastoriza.
SINOPSE: No verán de 1931, unha parella de vinte anos – os avós maternos do autor- coñécense nunha vila costeira de Galicia. Ela, de orixe campesiña, educada nos rigores dunha nai feita a si mesma, está a piques de saír da escola de maxisterio, e el é un escritor despuntando, inflamado de literatura e cunhas aspiracións de grandeza que a súa condición non respalda. Apenas un ano despois casan, e mentres el emprende unha busca non sempre compatible coa vida familiar que condiciona a intensa paixón entre ambos, chegan os fillos e, cos anos, as súas formas distintas de afrontar unha historia compartida de ausencias e renuncias, de desexos e soños.