Presentación libro: «Las trampas de la pornografía» de Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira
Evento xa rematado
-
Data
24 febrero, 2026
-
Hora
7:00 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 24 de febreiro a presentación do libro Las trampas de la pornografía. La sexualidad que deseamos, de Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira. O acto terá lugar ás 19.00 horas na sala Multiusos do Centro Social do Mar e contará coa intervención de Leo Gala.
SINOPSE: falar de sexualidade non corrompe: educa, coida e transforma. Non debería de ser un tabú que alimente medos, vergoñas ou silencie violencias. É un dereito, unha forma de relacionarse, de coñecemento ecomiconal e corporal compartido. Este libro é un convite urxente e necesario a repensar a educación sexual que ofrecemos – ou evitamos ofrecer, a nenas, nenos e adolescentes, cando a pornografía parece terse imposto como a principal escola informal, que ensina sen explicar e educa sen que lle pregunten nunha sexualidee xerárquica e desigual entre homes e mulleres, que obxectualiza os corpos e erotiza a dominación e a violencia.