Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Las cosas que nos pasan» de Guada Guerra

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 26 de marzo a presentación do libro Las cosas que nos pasan, de Guada Guerra. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e nel estará presente a propia autora e Sara Valcárcel, responsable de comunicación da editorial Galaxia.

SINOPSE: Sofía, Irene, Julia, Belen e Claudia son un grupo de amigas na trintena que viven nunha negociación constante coas súas vidas. Cando se reunen nunha festa de aniversario de Sofía, o evento que sempre marcou a fin dos seus veráns, unha serie de circunstancias obrígaas a enfrontar as decisións que tomaron ata agora e a encarar a incerteza do seu futuro.