Presentación libro: «La dama de Anboto» de Rober Cagiao
Evento xa rematado
-
Data
7 julio, 2025
-
Hora
9:00 pm - 8:00 am
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 7 de xullo a presentación do libro La dama de Anboto, de Rober Cagiao. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e o autor estará acompañado por Pedro Feijoo.
SINOPSE: Ao entrar na cova de Anboto, nos montes de Euskadi, pódeste atopar coa deusa Mari, unha fermosa muller que habita nela. Cómpre que sexas sincero se che pregunta, porque se lle mentes quitarache o que negues. Porén, se lle dis a verdade, concederache o que máis desexas. O cadáver dunha muller aparece moi preto de Portomarín, Lugo. A inspectora Galdós e o seu compañeiro Martín Lasarte descobren que a súa identidade se correponde coa de Deva Varela, desaparecida en Arrasate, Guipúscoa, no solsticio de verán sete anos atrás. Agrándase o misterio ao saber que a súa irmá, Amalur, tamén desapareceu na mesma data, vinte e oito anos antes, no monte de Anboto. A investigación policial levaralles de Galicia a Euskadi para descubrir que se agocha tras tantos anos de silencio. Que lle sucedeu a Amalur? È posible que aínda siga con vida? Cada vez hai máis interrogantes, máis a verdade está a piques de saberse e ninguén está preparado para ela. Ou si? si?