Presentación libro: «La canción de Hands» de Teo Palacios
-
Data
24 abril, 2025
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 24 de abril a presentación do libro La canción de Hands, de Teo Palacios, nun acto que terá lugar ás 19.30 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.
SINOPSE: Armando Villalobos, un restaurador de mobles acosado polas débedas do xogo, atópase por azar con documentos cifrados do lendario tesouro de Barbanegra. Na súa loita por cambiar a súa sorte, únese a Diego Mendoza, o recoñecido explorador. Corre o ano 1912, cando xuntos se lanzan a unha aventura emocionante dende as sombrías rúas de Madrid ata as enigmáticas augas das Bahamas, a través incluso dos pantanos de Florida e as costas das Outer Banks. Pista a pista, enigma tras enigma, o perigo está cada vez máis preto e a ameaza sobre as súas vidas aumenta día a día.
Paralelamente, en 1715, Barbanegra, o pirata máis temido do Caribe, loita contra o seu destino. Deixou atrás o seu antigo nome, Edward Teach, pero baixo a súa impoñente figura, as pistolas sempre o acompañan e a barba negra que o converte nunha sombra demoniaca, aínda late como o home que foi. E agora, ante o temor polo futuro, vese obrigado a actuar…