Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «La Cámara de las Maravillas» de María Oruña

A Libraría Miranda organiza o 15 de xullo a presentación do libro La Cámara de las Maravillas de María Oruña. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar

SINOPSE: no maxestuoso Palacio Dorado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración do Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto onde se exhibiron por primeira vez. Amanda Mendoza, a anfitrioa, observa con desconfianza a un dos convidados: o enigmático Dimas Chevalier, o ladrón de luva branca máis famoso de Europa, que, tras uns anos no cárcere, asegura que se reformou por completo. Mentres, unha figura escura salta axilmente polo tellado do palacio para entrar na Cámara das Maravillas, un lugar no que a familia Mendoza garda os tesouros máis fascinantes. Pero, cando o asaltante trata de fuxir co botín, cae fulminado sne motivo aparente. Dimas, acusado de forma indirecta do roubo, verase obrigado a colaborar con Amanda para limpar o seu nome e descubrir quen profanou a Cámara das Maravillas.