Presentación libro: «Jotadé» de Santiago Díaz
-
Data
21 julio, 2025
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 21 de xullo a presentación do libro Jotadé, de Santiago Díaz. O acto será ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e o autor estará acompañado de Ramón Otero.
SINOPSE: Nunha calorosa noite de xullo en Madrid, dous homes son destripados e guindados ao baleiro dende unha ponte da M30 no que parece un axuste de conta entre clans. As súas vísceras aterran sobre un descapotable que se funde no Manzanares cos seus ocupantes, tres mozas que volvían de festa. Unha delas falece no acto: é a filla pequena do comisario, quen esixe aos seus axentes respostas rápidas e pouco ruído nos medios. Trátase dunha orde case imposible de cumprir polo subinspector Jotadé Cortés, o único policía xitano da súa comisaría e un irreverente sen remedio que rexeita as xerarquías e acostuma saltarse as normas. Pero todos saben que tamén posúe unha intuición por enriba da media e que foi o home de confianza da inspectora Indira Ramos.