Presentación libro: «Gorrións e falcóns» de Carmen Blanco Sanjurjo
Evento xa rematado
-
Data
29 abril, 2026
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 29 de abril a presentación do libro Gorrións e falcóns, de Carmen Blanco Sanjurjo. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: En 1467, trescentos vinte e dous anos antes da Revolución Francesa, instáurase en Galicia o primeiro goberno democrático de Europa —despois do grego—, coa primeira Xunta de Melide. A carta do rei Enrique IV autorizando o derrocamento das fortalezas onde se ocultan malfeitores protexidos pola nobreza preeira, acende a faísca da revolta irmandiña que afunde as raíces da liberdade baixo os muros das fortalezas. Nobreza, clero, burguesía e pobo, sen distinción de idade, raza ou condición, loitan unidos contra os abusos xeneralizados e a violencia de moito señores, logrando botar do reino a todos aqueles que non xuran a constitución da irmandade aprobada polo rei.
A esta causa uniranse os nobres Diego de Lemos e Maior de Ulloa, Pedro Osorio e Urraca de Moscoso, Alonso de Lanzós e María de Montaos, e vivirán peripecias vitais que poñerán a proba os límites do seu valor e o seu amorne.
Neste libro nárranse os feitos que levaron a aquela apaixonante revolta. Sen zombis nin dragóns, a realidade do que pasou en Galicia a finais do século xv supera a ficción máis desatinada.