Presentación libro: «Exitus» de Ulises Bértolo
Evento xa rematado
-
Data
18 agosto, 2025
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 18 de agosto a presentación do libro Exitus, de Ulises Bértolo, que terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e na que o autor estará acompañado do tamén escritor Pedro Feijóo.
SINOPSE: Unha muller desaparece en Madrid. Non se coñece a súa identidade, no hai ningunha pista. Elia Sandoval, detective privado e inspectora de policía apartada do corpo por agredir a un compañeiro, é requirida polo seu ex xefe, o inspector Olmedo. Este explícalle que o caso garda similitudes con outro arquivado meses atrás e pragado de irregularidades: o caso 666, no que o cadáver doutra moza, Amaia Braganza, aparecera nun parque con múltiples cortes, desangrado e sobre unha estrela de doce puntas.