Presentación libro: «El siglo del milagro» de Rodrigo Costoya
Evento xa rematado
-
Data
21 marzo, 2025
-
Hora
7:00 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 21 de marzo a presentación do libro El siglo del milagro, de Rodrigo Costoya. O acto terá lugar ás 19.00 horas no Centro Social do Mar.
SINOPSE: Contan que Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Capus Stellae. E tamén que o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha fluencia masiva de camiñantes que non cesaron ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres.