Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El secreto de la perfección» de Lola Fernández Pazos

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 9 de abril a presentación do libro El secreto de la perfección, de Lola Fernández Pazos. O acto terá lugar ás 19.30 horas no Museo Massó e a autora estará acompañada da actriz Mayka Braña.

SINOPSE: Lúa Cid casa cun atractivo xornalista uruguaio, pero cando a harmonía da parella esgótase, cada noite a tortura unha horrible pesadilla na que se ve axudando a un home a arrastrar e emparedar o cadáver dunha muller rubia…

Buscando explicación a ese mal soño, comeza unha investigación que a levará aos anos vinte do século pasado e cuxa protagonista é a moza Elvira Fandiño, unha das primeiras traballadoras da conserveira La Perfección de Bueu, que aspira a mellorar o seu humilde vida cunha viaxe ás Américas. Un século despois, Lúa comprenderá a conexión entre o pasado familiar do seu marido, o seu propio e as aterradoras imaxes que a sobresaltaban cada noite.