Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El palacio del agua» de Laura Portas

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 24 de xaneiro a presentación do libro El palacio del agua, de Laura Portas. O acto terá lugar ás 12.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: Balneario de Mondariz, 1920. Candela comeza a traballar no Gran Hotel do balneario, onde se codea coa elite máis ilustre e poderosa dun país que afronta tempos convultos. Pero o luxo e a apariencia ocultan un mundo de enganos, paixóns prohibidas e traicións. Candela deberá navegar a relación con Ignacio, o seu primeiro amor, que volveu á súa vida sen previo aviso, e Gabriel, un dos empregados do hotel, que lle pediu matrimonio. Todo se agrava cando Candela se ve envolta nunha perigosa trama criminal tan turbulenta como as augas que a rodean. Para desvelar o segredo que esconde o balneario, a moza deberá enfrontarse ás sombras do seu pasado e ás intrigas que a abordan, e descubrirá que a verdade queima máis que as mentiras que tratan de ocultala. Pero, quen acabará feito cinzas?