Presentación libro: «El juicio» de Luis Zueco
Evento xa rematado
-
Data
15 abril, 2026
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 15 de abril a presentación do libro El juicio, de Luis Zueco. O acto terá lugar ás 19.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: 1799, Madrid. Francisco de Goya y Lucientes, pintor de cámara do rei, anuncia a venda dun luxoso libro de estampas titulado «Los Caprichos». Aínda que as vendas son un éxito, dúas semanas despois de publicalo, Goya retírao do mercado. Durante os meses seguintes o seu escandaloso contido comeza a correr como a pólvora. Por que Goya agocha a súa obra máis persoal? De que ten medo?
É entón cando a moza Angélica Díez chega xunto ao seu pai a Madrid para comezar unha nova vida. A capital converteuse nun lugar de contrastes, onde converxen as ideas ilustradas que se propagan por Europa e institucións como a Santa Inquisición, que se resiste a morrer.