Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El cazador de libros» de Alberto Caliani

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 25 de xuño a presentación de El cazador de libros, de Alberto Caliani. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE: Beatriz Martínez é unha moza filóloga nunha tese sobre Cervantes e que, de seguido, consegue gañar o cariño do persoal da Biblioteca Nacional e campar ás súas anchas polo recinto. O que todos ignoran é que Beatriz é unha impostora cun único obxectivo: roubar un documento oculto, dende hai séculos, no máis profundo das entrañas do edificio. Un almacén secreto que moi poucos privilexiados no mundo coñecen: a Cámara Carmesí.

Pero Beatriz non sospeita que os seus actos terán consecuencias inagardadas cando os Buchjäger, a irmandade secreta que protexe o contido da cámara, envíen ao seu cazador de libros máis letal para recuperar o que foi roubado. Ademais, a moza verase obrigada a entrar nun xogo con regras centenarias sen escrúpulos, autorizados a actuar por enriba da lei.