Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El caso Salgueiro» de Óscar Reboiras

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 30 de xuño a presentación de El caso Salgueiro, de Óscar Reboiras. O acto celebrarase ás 21.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: Unha tarde xeada de febreiro, dous obreiros atopan uns restos humanos baixo a neve en Salgueiro, unha antiga aldea abandonada do Parque Natural do Xurés. O último dos nove cadáveres atopados foi enterrado apenas dúas semanas antes e todos os corpos parecen debuxar unha estrela cun círculo arredor.

O principal xornal local envía a Fina, unha recén licenciada en xornalismo, a cubrir o suceso, pero ninguén pode acceder á estrada que sube ata Salgueiro porque Arturo León, un poderoso empresario sen escrúpulos, está tentando tapar o descubrimento para que as súas especulacións inmobiliarias non se vexan afectadas. A investigación da moza xornalistas destapará a historia duns asasinatos brutais cometidos na zona durante os anos sesenta, pero tamén unirá a tres almas solitarias fronte aos abusos do poder e a un misterioso asasino sen identidade.