Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El balanceo del Alacrán» de Eduardo Fernán – López

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 19 de novembro a presentación do libro El balanceo del Alacrán, de Eduardo Fernán – López, que terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: No 2022, o pesqueiro Alacrán afundiuse nas costas canadenses tras un forte temporal marítimo e só sobreviviron dous dos seus vinte e catro tripulantes. Despois do inicio do xuízo para esclarecer as causas, aparece morto Raúl Barros, o presidente do conglomerado empresarial propiedade do pesqueiro, xunto á súa única filla, coa que facía tempo que non falaba. A partir dese momento desátase un complicado entramado corporativo no que os membros da xunta directiva da navieira galega loitarán polo control da compañía. O inspector Tristán Negreira e a subinspectora Virginia Almada, do Grupo de Homicidios da Policía Nacional de Vigo, serán os encargados de investigar o dobre crime, cuxos motivos se remontan a moito tempo atrás.