Presentación libro: «Demasiado tarde para nacer pájaro» de Andrea Reiriz
Evento xa rematado
-
Data
14 abril, 2025
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 14 de abril a presentación do libro Demasiado tarde para nacer pájaro, de Andrea Reiriz. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: No enfrontamento entre o mar e a terra, sucede o encontro coa amante: a ruptura do preestablecido, o recoñecemento abrupto do desexo. Demasiado tarde para nacer pájaro é unha viaxe de busca da identidade a través do vincular, a memoria e a palabra; unha reflexión sobre o nacemento e os límites da linguaxe.
Andrea Reiriz é actriz e poeta. Graduada en Terapia Ocupacional, formouse en interpretación e expresión corporal, e actualmente estuda o mestrado de Traducción Literaria na Universidade Internacional de Valencia (VIU). Reside en Madrid, onde desenvolve a súa carreira artística e a súa paixón polo teatro e a literatura.
.