Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Contubernio Picacho» de Xaime Fandiño

Evento xa rematado

O Museo Massó acolle este xoves, 4 de xuño, a presentación do libro Contubernio Picacho de Xaime Fandiño, que terá lugar ás 20.30 horas.


O autor escolleu esta localización porque en CONTUBERNIO PICACHO, como sucede na anterior novela, a historia ten a súa orixe na península do Morrazo, concretamente na antiga fábrica Massó de Cangas. Por obra e gracia da ficción, a factoría se transforma nunha residencia de maiores moi especial, chea de vellos herexes incombustibles e interxeracionais que desenvolven unha trama incrible. 

O autor estará acompañado polo editor, Xabier Romero (Ed. Elvira), e Pablo Lamosa, un veciño da zona e figura destacada da industria cinematográfica que, coa súa empresa CORMORÁN (VFX), produce efectos visuais desde a praia de Beluso para o mundo.