Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Cóntocho con palabras» de Anxo Otero e Caetano Otero

A Libraría Miranda organiza o 25 de xuño a presentación do libro Cóntocho con palabras, de Anxo Otero e Caetano Otero. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: Chámome Tano porque o meu pai é de Bueu e a miña nai de D-Town, Pennsylvania. Como a miña nai elixiu onde ían vivir, ó meu pai quedoulle o consolo de poñernos a min e ós meus irmáns Xaquín e Aloia uns nomes que temos que soletrear unhas dez veces cada día.

Como vedes, eu falo galego. O galego é fácil, aínda que non coñezo todas as palabras. Se estamos en Bueu e non sei como dicir algo, o meu pai axúdame e xa está. Ás veces nin el sabe, e entón non me queda outra que deixalas en inglés.

No meu libro explico todo iso e conto como é o meu día a día: os meus homies, os vídeos que vexo, os concertos, os coches que me prestan e os negocios que penso montar algún día. Tamén que non é o mesmo un friend ca un homie, e por que as chancletas son o mellor invento da historia.

O meu pai di que as palabras son importantes, por iso escribiu isto comigo. Eu preferiría facer vídeos, pero en fin. Non está mal tampouco. Cando rematedes o libro, xa podedes vir visitarme. Pero traede chancletas.