Presentación libro: «Comerás flores» de Lucía Solla Sobral
-
Data
10 diciembre, 2025
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 10 de decembro a presentación do libro Comerás flores, de Lucía Solla Sobral. O acto terá lugar ás 19 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: Meses despois da morte do seu pai e recén graduada, Marina coñece a Jaime, un home vinte anos maior ca ela que irrompe na súa vida enchéndoa de atencións e plans. En pouco tempo, o seu día a día dá un xiro radical: pasa de compartir piso coa sua mellor amiga Diana, de ir a concertos e de saír de festa a instalarse no cómodo apartamento de Jaime e cear cada fin de semana nos mellores restaurantes. Deslumbrada pola sofisticada vida adulta e o encanto de Jaime, quen tamén se gaña á súa familia, Marina verase sumerxida por completo no seu mundo, comezando a esquecer o que a definía.