Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Askja» de Antonio M. Fraga

Evento xa rematado

A Libraría Boulevar organiza o 7 de novembro a presentación do libro Askja, de Antonio Manuel Fraga, que terá lugar ás 19.30 horas na propia libraría.

SINOPSE: Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén, todo cambia cando Karen, unha das hospedadas, decide compartir con Ana a existencia dun cuarto secreto ateigado de caixas de música. Desde ese momento orixínase entre elas un xogo de sedución a través da palabra e crean unha burbulla íntima na que trocan cinza por desexo, abafo por ilusión. «Askja» é unha novela impregnada de nostalxia e tenrura, unha historia de amor que demostra como as cicatrices sandan máis facilmente cando se comparten